Dende que teño memoria, a cociña foi un pilar moi importante na miña vida, non só como espazo físico senón como lugar emocional. Unha cociña onde se compartían secretos, receitas, risas, aromas, e onde o tempo parecía deterse para dar paso a algo máis profundo: a conexión humana a través da comida.
A miña historia comeza moito antes de que eu collera por primera vez una cuchara, a miña bisaboa regentaba un mesón na Coruña nos anos 40 cando ser muller e empresa era unha hazaña en si mesma. Miña aboa coas súas mans sabias e a súa intuición innata, converteu a cociña nunha extensión da súa alma. Logo máis tarde miña nai, gran cociñeira, me ensinou non solo a cociñar, senon a sentir o que hay detrás de cada plato.
O meu abó fundou unha cervecería e un restaurante familiar, onde o meu padre era xerente. Eu crecín alí, correteando entre mesas, olindo caldos a fogo lento, viendo pasteles subir no forno, e observando con fascinación a o cociñeiro Jorge, que me ensinou os meus primeiros pasos dentro dunha cociña.
Entre fariña, pescado fresco e fogós encendidos, descubrín que cociñar era moito máis que preparar comida: era coidar, celebrar, recordar… Era poñer a alma en algo efímero e converterlo en eterno a través do sabor.
Despois de máis de 12 anos de trayectoria profesional en diferentes cociñas, voltou á orixe cunha mirada propia. A miña cociña é un homenaxe a todo o que vivin, a quen me ensinou e aos produtos que falan por si mesmos.
Tradición e contemporaneidade, respeto polo produto, técnica, estética e emoción.
Hoxe, a través do meu proxecto Tomé Chef busco non só alimentar, senon emocionar. Crear experiencias memorables que honren miña historia e a convertan en parte da túa.
Porque cociñar non é só dar de comer, é contar unha historia, e a miña miña comeza nunha cociña familiar e continúa en cada mesa que teño o privilexio de vestir.